CRTVG

Buscar

A crise do coronavirus reclúe nos fogares máis de mil bebés que acaban de nacer

Publicado o 26/04/2020 15:32

A crise do coronavirus ten recluídos nos fogares galegos máis de mil meniños que acaban de nacer. Aínda non sairon á rúa e foron presentados á familia por videochamada.

  • Manuela, a filla de Cristina e Nacho, naceu o 2 de abril

Por liña materna, Manuela é a primeira neta e bisneta. Só a pantalla do móbil permite achegala á familia de Nacho e Cristina. 

  • Pepe, o fillo de Jéssica e Pablo, naceu o 16 de abril

En Ares están desexando coñecer a Pepe, que aínda non saíu do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. "É complicado ter un fillo nestes tempos, pero aquí estamos moi ben atendidos. E cando acabe todo isto, o primeiro que imos facer é presentarllo á familia porque estes avós están que soben por eles".

  • Asier, o fillo de Raquel e Fernando, naceu o 15 de abril

Dende a pantalla do móbil fala a avoa de Asier: "Como o levo? Moi mal! Isto é interminable. A ver se todos xuntos acabamos con isto e podo abrazar o meu neniño!"

  • Artai, o fillo de Lucía e Anxo, naceu o 17 de abril

"Artai naceu o 17 de abril en pleno confinamento. Din que ten nome de guerreiro. É un nome galego, dos primeiros poboadores de Galicia, da costa Ártabra. Pero si, a verdade é que naceu en tempos de guerra".

É a vida, que se abre paso, a esperanza dentro desta pandemia.

Noticias web

26/04/2020