CRTVG

Buscar

A crise do coronavirus obriga a limitar o horario dos aeroportos galegos

Publicado o 24/03/2020 21:54

A crise do coronavirus obriga a limitar o horario dos aeroportos galegos. No caso de Vigo e A Coruña as terminais só permanecerán accesibles nos horarios en que estean programados voos con saída ou destino nestas cidades.

A terminal do aeroporto de Santiago manterase aberta durante o horario operativo, pero impedirase o acceso a algunhas zonas para adaptar a infraestrutura á actual situación. En calquera caso, estes peches limítanse aos edificios terminais, dado que os tres aeroportos galegos continúan operativos nos seus horarios habituais.

 

Noticias web

24/03/2020