CRTVG

Buscar

A crise do coronavirus afunde as bolsas: o Ibex afronta a súa peor semana en 9 anos

Publicado o 27/02/2020 20:48
A crise do coronavirus afunde as bolsas: o Ibex afronta a súa peor semana en 9 anos

A crise do coronavirus afunde as bolsas mundiais. A española afronta a súa peor semana dos últimos 9 anos. O IBEX 35 caeu hoxe un 3,5 por cento, e nos últimos seis días caeu un 11 por cento, unha cifra que non se alcanzaba desde 2011. As empresas máis afectadas son as do sector do turismo, as aeroliñas e a banca.

As caídas son xeneralizadas nas bolsas europeas. As accións de Wall Street rexistran a maior caída desde 2008, e nas bolsas do Pacífico, o coronavirus golpea con forza os mercados do Xapón e de Corea.






 

Noticias web

27/02/2020