CRTVG

Buscar

A crise do 737 leva por diante o conselleiro delegado de Boeing

Publicado o 24/12/2019 08:48

O fabricante de avións estadounidense Boeing cesou o seu conselleiro delegado para facer fronte á crise do 737 MAX, modelo que deixou de fabricar temporalmente despois de dous accidentes en que morreron 346 persoas.

Dennis Muilenburg será substituído polo presidente da compañía, David Calhoun, que asumirá os dous cargos.

A reestruturación afecta varios directivos máis da compañía, que trata de recuperar imaxe e xerar confianza nos investidores.

Nada máis coñecerse o cambios, as accións de Boeing comezaron a subir na Bolsa de Nova York e pechou a xornada cunhas ganancias próximas ao 3 por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019