CRTVG

Buscar

A criminalidade descendeu un 7,9 % en Galicia en 2020

Publicado o 23/02/2021 21:48

A criminalidade baixou en Galicia case un 8 % durante o 2020. Nun ano marcado pola pandemia e o confinamento, baixaron todos os delitos agás os homicidios, os intentos de asasinato e os casos de narcotráfico

En total, rexistráronse na comunidade máis de 73.000 delitos. A maioría deles foron furtos. Por provincias, Lugo e Ourense foron as que rexistraron menos delitos. Algo normal se temos en conta que son as menos poboadas. Pero foi e Ourense onde se rexistrou un maior descenso da criminalidade.

No conxunto do estado, a caída foi bastante maior. En toda España os delitos baixaron case un 20 % no pasado exercicio. Destaca especialmente o caso de Barcelona, onde a criminalidade se reduciu nun 40 %.

Noticias web

23/02/2021