CRTVG

Buscar

A cría de papagaios como negocio: o máis caro custa 18.000 euros

Publicado o 18/09/2019 21:47

Dende que lle regalaron unha parella de ninfas sendo un cativo, a Ángel entroulle a curiosidade polas aves exóticas, sobre todo papagaios. As tatuaxes falan da súa afección. E así, co tempo, fíxose criador. O oficio é laborioso, xa que esixe un coidado constante dos animais. É custosa a cría de papagaios.

Pero tamén da importantes réditos económicos, xa que o valor de mercado destas aves é elevado. Con todo, Ángel vende principalmente a particulares, porque lle preocupa especialmente que o futuro dono coide a alimentación e saúde da mascota. Así o conta na súa canle de YouTube, aberta para ilustrar sobre a crianza destas delicadas aves.

Papagaios e cacatúas son as especies que máis cría, en granxas repartidas entre Vilardevós e Allariz. Viaxa por todo o mundo para adquirir novos exemplares. O seu é tanto un negocio como unha paixón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019