CRTVG

Buscar

A covid impide a celebración da Festa do Marisco do Grove por segundo ano consecutivo

Publicado o 13/08/2021 20:13
A covid impide a celebración da Festa do Marisco do Grove por segundo ano consecutivo

Por segundo ano consecutivo non se celebrará a Festa do Marisco do Grove en outubro. As expectativas para este ano eran boas, pero finalmente o Concello decidiu cancelar o evento debido a situación sanitaria.

A día de hoxe, O Grove atópase no nivel máximo de restricións e, a pesar de que faltan case dous meses para a celebración, non queren correr riscos.
Ademais, dende o Concello din que non poden facer fronte nesta situación de incerteza ao desembolso de gastos fixos que supón un evento gastronómico desta magnitude.

Noticias web

13/08/2021