CRTVG

Buscar

A covid−19 deixa 2.124 vítimas mortais en Galicia tras sumar outras 28

Publicado o 15/02/2021 20:27
A covid−19 deixa 2.124 vítimas mortais en Galicia tras sumar outras 28

Sanidade acaba de notificar 28 falecementos de persoas diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, a cifra total de mortes desde que a pandemia chegou a Galicia ascende a 2.124.

• O día 12 de febreiro falecían unha muller de 72 anos no CHUF procedente da residencia Mi Casa de Ferrol, unha muller de 86 anos no CHUF e unha muller de 92 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria.

• O pasado día 13 perdían a vida unha muller de 90 anos no CHUF procedente da residencia O Casón de Moeche, un varón de 85 anos no CHUF, unha muller de 89 aos no CHUVI, unha muller de 85 anos en Povisa, unha muller de 85 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria e un home de 91 anos no CHUS.

• Onte perderon a vida unha muller de 51 anos no CHUF, un home de 88 anos no CHUF, unha muller de 85 anos no CHUF, un home de 88 anos no CHUVI, un varón de 88 anos no CHUAC, unha muller de 94 anos no CHUAC, unha muller de 72 anos no CHUAC, unha muller de 94 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria, unha muller de 87 anos no HM Modelo Belén da Coruña, un home de 92 anos no CHUS e unha muller de 92 anos no CHUO procedente da residencia Virxe da Clamadoira de Muíños.

• Hoxe faleceron unha muller de 89 anos no CHUF procedente da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas, unha muller de 95 anos no CHUF, un home de 58 anos no CHUVI, unha muller de 98 anos na residencia DOMUSVI de Carballo, un varón de 91 anos no CHUO procedente da residencia Virxe da Clamadoira de Muíños, unha muller de 78 anos no CHUO e un home de 81 anos no HULA.

Infórmase, ademais, do falecemento o pasado 28 de novembro dunha muller de 84 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar que foi recentemente comunicado pola residencia.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.