CRTVG

Buscar

A covid-19 supón para os nenos máis atrancos para superar os trastornos da linguaxe

Publicado o 18/10/2020 15:24

A irrupción do coronavirus non só están tendo consecuencias sanitarias. O uso de máscaras, os tratamentos a distancia por Internet. Son dificultades engadidas que os profesionais que tratan os trastornos específicos da linguaxe, ou TEA, están incorponando no seu día, tanto en pacientes adultos, pero especialmente nos rapaces

"Por exemplo, nenos con TEA, -sinala Diana Gándara, vicepresidenta do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia-  co uso das máscaras e do xel hidralcólico é algo ao que non están afeitos e que necesitan un proceso de adaptación. Vernos a nós tamén, ou simplemente alguén que non pronuncia o R, a nós tennos que ver o modelo que podemos facilitar. Temos que manipular os órganos e todo este proceso de usar a máscara, manter a distancia... vese minguado".

O confinamento e o parón educativo pola covid-19 obrigou os logopedas a adaptar rapidamente as súas terapias.

"Intentamos interactuar con eles o máximo tempo posible, para que centren a atención para que esquezan que teñen que usar a máscara, a distancia social", afirma Diana Gándara.

Os logopedas advirten das consecuencias da pandemia sobre os efectos das súas terapias, polo que insisten na importancia da rapidez do diagnostico e a continuidade dos tratamentos.

"Sempre traballando dende un principio e con unha regularidade van ter un prognóstico moito mellor que facendo estes paróns que as dificultades vólvense un pouquiño máis agudizadas".

Dende a entidade que aglutina os logopedas, pídese unha maior potenciación destes profesionais por parte da sanidade pública, xa que moitas das terapias practicadas conlevan unha aplicación prolongada no tempo.

Noticias web

18/10/2020