Investigan se a covid-19 pode causar unha redución da fertilidade masculina
Polo momento hai poucos estudos ao respecto, pero si ofrecen indicios de que a covid-19 ten efectos negativos sobre a fertilidade masculina. Un estudo liderado por investigadores cataláns pretende determinar o alcance destes efectos. "Sabemos que a covid afecta a reproducción. Os primeiros estudos indican que hai afectación da espermatoxénese, pero non está claro se os efectos son parciais ou crónicos, explica Daniel Moreno, un dos responsables da investigación.
A clave biolóxica da posible relación entre a covid-19 e a reducción da fertilidade masculina é unha enzima que ten unha dobre función: un papel fundamental no funcionamento do testículo e tamén como receptora principal do virus. Outro obxectivo do estudo é determinar en que medida a covid repercute na diminución da testosterona. O estudo vaise desesenvolver durante tres anos a partir de mostras de seme de doentes que pasaron o virus e de pacientes agudos infectados por covid.