CRTVG

Buscar

A COVID-19 condiciona uns comicios adiantados

Publicado o 18/05/2020 15:31

O dez de febreiro, último día que marcaba a lei para poder convocar as eleccións para o Domingo de Ramos, Feijóo anunciaba o adianto para que Galicia e País Vasco foran xuntas ás urnas.

O aumento de casos de COVID-19 en España comeza a afectar a precampaña na semana do 9 e marzo. Os partidos deciden suspender actos multitudinarios e o día 12 o presidente da Xunta avanzaba as primeiras medidas para evitar contaxios.

Dous días despois, Pedro Sánchez anuncia un Consello de Ministros extraordinario para ese domingo.

O luns 16 de marzo, catro días antes da data na que debería arrancar a campaña, Alberto Núñez Feijóo reuníase por videoconferencia cos líderes dos partidos galegos e acordaban adiar a cita coas urnas.

O estado de alarma impedía a convocatoria de eleccións, ata a cuarta prórroga que se aprobou o 6 de maio, que si a permite. Unha semana despois, o 13 de maio, o presidente anunciaba que catro informes sanitarios e un xurídico de expertos consultados pola Xunta aconsellaban ir ás urnas axiña.

O xoves pasado Feijóo reuniuse cos líderes dos partidos para analizar eses informes. A oposición rexeitou convocar as eleccións en xullo, agás Ciudadanos e En Marea.

Noticias web

18/05/2020