A cota de neve cae ata os 300 metros na provincia de Lugo
A montaña luguesa leva máis dunha semana baixo un manto branco e así seguirá, porque a neve volve a escena nas próximas horas. Filomena non deixará grandes nevaradas, pero caerán folerpas en practicamente toda a provincia, mesmo preto da costa. A cota de neve caerá ata os 300 metros.
"Despensa chea coa leña, algún paseo, xogar moito coa neve non, que está conxelada, pero aquí estamos preparados e acostumados, e que neve agora, que estamos no tempo".
O gran protagonista seguirá sendo o frío polar. Os termómetros manteranse en valores negativos en gran parte da provincia.
"Aquí estamos acostumados ao frío"; "Correr e tomar uns grolos de viño que é o mellor anticonxelante que hai".
Hoxe as mínimas volvían rexistrarse en Pedrafita e en Cervantes, onde o mercurio baixou ata os menos 8. As xeadas tamén foron intensas a nivel do mar. En Foz rexistrábanse mínimas de menos dous graos.