CRTVG

Buscar

A costa sueste dos Estados Unidos prepárase para a chegada do furacán Florence

Publicado o 12/09/2018 21:36

A costa sueste dos Estados Unidos prepárase ante a inminente chegada de Florence, un furacán cualificado de extremadamente perigoso que deixará ventos de máis de 200 quilómetros por hora, chuvias torrenciais e inundacións. Con esta previsión, as autoridades xa evacuaron máis dun millón e medio de persoas.

Son as imaxes do ollo do furancán Florence captadas  pola Estación Espacial Internacional. Véndoas non soprende que o cualfiquen como ameaza mortal. Vai camiño da costa sueste dos Estados Unidos e afectará ás dúas Carolinas, Xeorxia e Virxinia. Florence tocará terra o venres cunha categoría 4 cando o máximo 5, o que se traduce en refachos de máis de 200 quilómetros por hora e chuvias torrenciais e unha marexada que fará subir o nivel do mar uns catro metros, causando graves inundacións.

A xente intenta deixar  protexidas as súas vivendas ou negocios antes de marchar, porque dadas as dimensións de Florence as autoridades ordenaron a evacuación de máis dun millón e medio de persoas. Xa se poden ver longas ringlerias para acceder os refuxios habilitados. A compañía Boeing  desaloxou a planta que ten en Carolina do Sur con máis de seis mil empregados.  

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018