A costa galega consolídase como destino turístico para a observación de aves
Publicado o 02/06/2021 21:38
Nesta primavera máis de medio millón de aves mariñas sobrevoaron a punta de Estaca de Bares. O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA, cuantificou 40 especies diferentes. As máis abondosas, a gaivota escura e o mascato, pero tamén outras que atravesan as costas galegas cara o norte para criar.
No outono as aves viaxan de volta coas crías na procura de lugares máis cálidos. Nesta época chegan a pasar polas costas galegas máis dun millón de exemplares.
O corredor migratorio converte a Galicia en destino do chamado turismo de observación de aves, en auxe en países do norte de Europa.
A migración de aves mariñas supón unha oportunidade de desenvolvemento socioeconómico sostible.