CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Costa da Morte protagoniza "Sicixia", o último filme de Ignacio Vilar

Publicado o 17/09/2016 21:27

"Sicixia", a última longametraxe do director Ignacio Vilar, competirá na sección oficial do Festival Cinespaña de Toulouse. A sonoridade do mar, da terra e da xente da Costa da Morte protagoniza a película, un diálogo entre a ficción e o documental que chegará aos cines a finais de novembro.

Quedan algo máis de dous meses para a estrea oficial, pero un feixe de privilexiados aceptaron o convite de Vía Láctea Filmes e xa viron "Sicixia". Representan a vida institucional, cultural, empresarial e social da Costa da Morte. A súa paisaxe, a xente e de forma especial os seus sons danlle vida á nova longametraxe de Ignacio Vilar.

Monti Castiñeiras e Marta Lado protagonizan a historia de ficción desta película que tamén transita polo xénero documental. O filme competirá o próximo mes no Festival Cinespaña de Toulouse.
IGNACIO VILAR
O monte Pindo, Carnota, Fisterra, Camariñas, Muxía... Durante cinco semanas a Costa da Morte foi un set de rodaxe vivo.
"Sicixia" é cine cen por cento galego. O filme chegará ás salas o próximo 25 de novembro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí