CRTVG

Buscar

A Coruña vai acoller este mes de maio o primeiro encontro mundial de humorismo

Publicado o 05/05/2019 12:42

Cantos países saben que teñen unha praza do Humor? En Galicia, concretamente na Coruña, hai unha, así que pode que ese fose un sinal premonitorio. E é que a cidade vai acoller o primeiro Encontro Mundial de Humorismo. Un acontecemento pioneiro, único en España, e como di a súa propia denominación, no mundo. Un encontro dedicado integramente á comedia e que reivindica, ademais, o humor intelixente, sutil, da retranca, e que sinala a Cunqueiro, Castelao ou Valle-Inclán como os seus referentes.

O que está claro é o seu obxectivo: facernos rir, e abofé que o van conseguir, con nomes como o de David Amor, que hoxe temos con nós, e tamén acompañado de Nacho López, un dos organizadores.

Noticias web

05/05/2019