CRTVG

Buscar

A Coruña ten o metro cadrado de vivenda máis caro de Galicia

Publicado o 26/02/2019 22:37

A Coruña é a cidade co metro cadrado máis caro de Galicia. No coñecido como barrio do ensanche, no centro da cidade, véndense pisos reformados a un prezo de entre 3.500 e 4.000 euros o metro cadrado. Hoxe estivemos na zona.

A rúa Fernando González apenas ten 11 números. Debe o seu nome a un construtor que a finais do século XIX axudou a expandir a cidade con terreo gañado ao mar. Segundo unha plataforma en liña de taxación, é a rúa máis cara de Galicia.

Entramos nun piso á venda en Fernando González, esquina con Juan Flórez. O inmoble necesita unha reforma. O comprador deste tipo de pisos busca unha zona tranquila e con servizos.

A tiro de pedra da camisería onde Amancio Ortega empezou a traballar de recadeiro e a carón da primeira tenda de Zara está o metro cadrado máis oneroso de Galicia.










 

Noticias web

26/02/2019