CRTVG

Buscar

A Coruña será escenario do primeiro congreso galego de persoas con cancro

Publicado o 07/04/2019 13:16

É unha situación á que o ano pasado se enfrontaron case 19.000 persoas en Galicia. A todos eles lles diagnosticaron cancro, unha noticia que cambiou as súas vidas, sen dúbida, e a das súas familias. As necesidades médicas e sanitarias dun paciente con cancro son evidentes, pero tamén existen outras sociais, económicas ou laborais que non sempre se atenden ou se teñen en conta.

Esas necesidades son as que se van abordar no primeiro congreso galego de persoas con cancro, pacientes e familias, que se vai celebrar a finais deste mes na Coruña. Para coñecer un pouco máis como se vai organizar temos aquí a Ainhoa Carrasco, psicóloga da AECC da Coruña e tamén parte do comité organizador deste congreso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019