CRTVG

Buscar

A Coruña segue conmocionada polo asasinato de Samuel

Publicado o 05/07/2021 15:09

A beirarrúa en que lle deron a malleira mortal a Samuel, de 24 anos, segue enchéndose de flores, peluches e mensaxes pedindo xustiza. Contra o mediodía, máis dun cento de cidadáns e representantes da corporación municipal concentráronse na praza de María Pita para condenar o asasinato de Samuel, e gardaron un minuto de silencio en sinal de repulsa. Visiblemente emocionados moitos dicían estar sen palabras

E piden que se faga xustiza. Contra as oito da tarde, María Pita volverá ser o escenario dunha nova concentración que se vai repetir en moitos puntos de Gaiicia e España para condenar e rexeitar o asasinato de Samuel.

Noticias web

05/07/2021