CRTVG

Buscar

A Coruña recibe 11.000 cruceiristas esta semana

Publicado o 26/08/2019 14:51

O porto da Coruña ten esta semana unha intensa actividade de tráfico de cruceiros coa previsión de chegada de seis barcos que deixarán na cidade máis de 11.000 turistas. O primeiro deles chegou a primeira hora desta mañá. É o Ventura, que viaxa con 3.500 persoas a bordo.

Para mañá está prevista unha dobre escala de transatlánticos e o domingo a chegada do Balmoral iniciará unha nova actividade na cidade. Unha oferta de excursións pola ría que se agarda repetir en novas escalas.


 

Noticias web

26/08/2019