CRTVG

Buscar

A Coruña pídelle a Fomento cambios no deseño do Corredor Atlántico

Publicado o 18/07/2019 14:21

A Coruña pídelle cambios a Fomento no proxecto da liña ferroviaria de mercadorías. A súa alcaldesa insiste en que loitará ata conseguir unha bifurcación. Inés Rey di que non se trata de excluír, pero si reclamar para A Coruña o mesmo trato que para Vigo.

A Coruña está a sufrir un agravio nese deseño e o que propoñemos é unha bifurcación dese corredor para que as mercadorías cheguen á vez á Coruña e a Vigo, e non que a Coruña estea supeditada a que as mercadorías cheguen primeiro a Vigo , di a alcaldesa Inés Rey.

O Goberno vigués, pola súa banda, avala o proxecto de Fomento porque di que achega sinerxías. Para o Executivo, unha hora máis de percorrido non é algo significativo cando se fala de transporte de mercadorías. 

Noticias web

18/07/2019