CRTVG

Buscar

A Coruña pasa a ser a área que rexistra o maior número de casos activos en Galicia

Publicado o 31/07/2020 14:15

A área da Coruña volve concentrar boa parte das novidades máis importantes na evolución do virus.

En Arteixo permanece pechado a cal e canto segue este ximnasio de Meicende. O rastrexo de contactos do porteiro do pub de Santa Cruz, en Oleiros, que era quen daba clases de boxeo neste local, levou o Sergas a realizar probas PCR ás persoas que acudían aquí.

Unhas probas que confirmaron que, amais del, hai outros 17 casos positivos que permanecen illados e en seguimento nos seus domicilios. Entre os infectados está un garda de seguridade do centro cívico de Monte Alto. Hoxe en Meicende pálpase a preocupación.

Na Coruña tamén se actuou no matadoiro e no Pavillón de Deportes de Riazor, onde detectaron cadanseu caso positivo.

Amais, nas últimas horas realizáronselle novos tests á expedición do Fuenlabrada, confinada no hotel Finisterre. Os resultados confirman que 33 dos 46 xogares e equipo técnico, causan alta epidemiolóxica polo que poden regresar a Madrid. Algúns deles xa marcharon hai escasa media hora.

Arestora, na Área Sanitaria da Coruña e Cee, permanecen dúas persoas ingresadas en planta, no CHUAC, onde outras 5 recibiron a alta médica.

Agora o Sergas está xa a rastrexar os contactos de todos os positivos e realizando probas PCR para frear o gromo.

Noticias web

31/07/2020