CRTVG

Buscar

A Coruña mobilízase pola igualdade para celebrar o 8M

Publicado o 08/03/2020 14:49

O día pintouse de morado para reclamar igualdade en todos os ámbitos. "Reivindicamos unha xornada laboral xusta que nos permita conciliar coa vida persoal, que as tarefas do fogar sexan corresponsables e que os coidados fagan parte do mercado laboral". "Respecto, igualdade e todos os dereitos iguais para muller".

O Obelisco foi o punto de partida da manifestación da Coruña. Foi unha marcha contra a fenda salarial, contra os empregos precarios, contra a invisibilización do traballo dos coidados e contra a violencia machista. "Hai que conseguir acabar con esas violencias que non teñen ningún sentido. Tanto homes como mulleres deberían estar contra elas". "Hai unha tendencia clara a xulgar sempre a vítima e non o agresor. Iso ten que rematar".

A manifestación desembocou na praza das cigarreiras, escenario da primeira folga de mulleres en Galicia. Foi no ano 1857.

Noticias web

08/03/2020