CRTVG

Buscar

A Coruña lembra a figura de Urbano Lugrís

Publicado o 14/12/2019 21:41

Admiradores do artista Urbano Lugrís lembraron hoxe a súa figura e a obra que nos legou nos espazos da Coruña próximos ao Obelisco. Os elementos máis característicos do universo creativo de Lugrís volveron deste xeito ás rúas da cidade que o viu nacer.

Co son das buguinas arrancaba preto do Obelisco a cita coa que, desde hai dez anos, un bo mangado de seareiros da obra de Urbano Lugrís quere tributarlle unha homenaxe coruñesa. Coma nas convocatorias anteriores, a lembranza comezou pintando paraugas con motivos do seu universo creativo, nomeadamente mareiro.

Dixo Rodrigo Osorio, de In Nave Civitas: "Sempre viviu na ribeira... en Vigo, na Coruña, e o mar é fundamental na súa obra literaria e pictórica".

A semellanza do que fan en Dublín con James Joyce, o colectivo In Nave Civitas rende tributo de admiración á figura do pintor que asinaba cunha áncora percorrendo os espazos da súa cidade natal que deixaron nel maior pegada. Este ano, desafiando a chuvia...

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/12/2019