CRTVG

Buscar

A Coruña lembra a fazaña dos heroes do Orzán oito anos despois

Publicado o 27/01/2020 21:17

Oito anos despois, continúan as homenaxes aos tres axentes da Policía Nacional que deron a súa vida tratando de salvar un estudante que estaba en perigo.

O estudante eslovaco Tomas Velicky baixara á praia cuns amigos, malia o temporal con aviso laranxa por ondas daquela madrugada do 27 de xaneiro de 2012. Cando o mar o arrastrou, os policías poñendo en risco as súas vidas trataron de rescatalo sen éxito. Aí empezou un angustioso operativo de rescate que durou un mes ata que o mar foi devolvendo un a un os corpos.

Para os equipos de rescate a traxedia tamén supuxo un antes e un despois. A raíz deste suceso o servizo municipal de bombeiros da Coruña creou unha unidade de rescate acuático. Melloras que, aseguran, deben vir acompañadas dunha cultura da prevención por parte da cidadanía.

José Antonio Villamor, Rodrigo Maseda e Javier López serán sempre lembrados coma heroes, os heroes do Orzán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020