CRTVG

Buscar

A Coruña habilita unha oficina virtual contra os graffiti

Publicado o 29/06/2021 17:56

A Coruña solicita a colaboración da veciñanza para eliminar os grafitti da cidade cunha nova iniciativa: a Oficina Virtual de Grafitti. Cunha mensaxe pódense denunciar a aparición de pintadas ilegais e axudar así a que o Concello localice as persoas responsables e axude na eliminación das sinaturas.

A loita comeza co borrado, continúa coa denuncia e ten outra vía na habilitación de novos espazos para a arte urbana. Diso saben moito os creadores de murais en toda Galicia, como Sekone na Coruña, Muruzábal en Vigo ou Deloga, cun proxecto de arte pública nas Pontes.

O obxectivo é que as rúas sexan tamén espazos de expresión artística, pero dentro da legalidade e a convivencia.

Noticias web

29/06/2021