CRTVG

Buscar

A Coruña estrea o seu primeiro taxi cen por cento eléctrico

Publicado o 17/01/2020 15:11

Alberto Giunta traballa como taxista nas rúas da Coruña. Despois de estudar os puntos a favor e en contra, decidiu apostar polo vehículo eléctrico.

Alberto calcula este aforro nuns 10 euros por xornada de traballo. Pero, como contrapartida, está limitado polos problemas para recargar baterías.

Os taxistas apostan polo futuro do vehículo eléctrico para a mobilidade nas cidades. Pero reclaman prioridade nas axudas das administracións e mellores infraestruturas.

Só Santiago dispón na actualidade dun punto de recarga coa capacidade que precisa o sector. A Coruña estuda contar con este tipo de infraestrutura neste ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020