CRTVG

Buscar

A Coruña estrea a primeira ópera buffa en galego

Publicado o 05/12/2019 18:36

O Teatro Colón da Coruña estrea este xoves a ópera buffa "El loro de Carlos V", unha función para todos os públicos baseada nun conto con "unha intención lúdica, pero tamén aleccionadora", pois ten á corrupción como tema central. Así é como a define o seu compositor, o coruñés Nani García, que detalla que, aínda que se trata dunha obra artística "en clave infantil e cómica", o seu "nivel musical é o suficientemente interesante como para que poida interesar ao típico afeccionado de ópera".

Nesta creación participan a Orquestra Sinfónica de Galicia, con Diego García Rodríguez á dirección; as voces do barítono Borja Quiza, o tenor Francisco Corujo e a soprano Helena Abad; Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía; María Peiteado coa dirección escénica e o iluminador Baltasar Patiño coa dirección técnica, entre outras figuras da lírica.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019