CRTVG

Buscar

A Coruña estrea a aplicación Ceus, que permite minimizar o tempo de actuación ante unha urxencia

Publicado o 15/06/2021 15:33

Arranca a temporada de praias. Na Coruña, este ano, sen arcos de control de capacidade, pero si coa obriga de usar a máscara. Só se poderá estar sen ela, igual que o verán pasado, cando se estea tomando o sol na toalla. Aínda así, hai bañistas que o ignoran.

Durante o primeiro mes, nestes areais van informar das normas anticovid. Pero este ano, como novidade, os bañistas tamén poderán ter outra moita información e mesmo contacto directo co servizo de Salvamento a través da aplicación Ceus que permite, entroutras cousas, minimizar o tempo de actuación ante unha urxencia.

Un total de 32 persoas, que integran o equipo de Salvamento nas sete praias da Coruña, velarán pola seguridade dos bañistas ata o 15 de setembro.

Noticias web

15/06/2021