CRTVG

Buscar

A Coruña está á cola das cidades mellor valoradas en materia de limpeza

Publicado o 11/06/2019 16:38

A Coruña está á cola das cidades mellor valoradas en materia de limpeza, segundo un estudo da Organización de Consumidores e Usuarios.

O que máis preocupa os coruñeses é o estado de limpeza das rúas. Dunha listaxe de 60 cidades analizadas, os coruñeses sitúan a súa cidade no posto número 46. Entre os aspectos que máis preocupan os coruñeses están as pintadas vandálicas e a presenza de excrementos de cans.

Veciños e traballadores do servizo de limpeza aseguran que a falta de persoal e o mal estado da maquinaria da empresa concesionaria do servizo teñen moito que ver con esta situación da cidade, que hai anos recibía premios polo estado das súas rúas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019