CRTVG

Buscar

A Coruña é un dos 10 destinos máis demandados polos españois para facer unha escapada

Publicado o 12/01/2018 21:57

Galicia posiciónase como unha das comunidades que maior interés xera para os viaxeiros, segundo un informe sobre hábitos e tendencias do turismo español. De feito, por primeira vez A Coruña aparece entre as dez cidades favoritas para facer unha escapada de dous días, o que dentro do sector se coñece como  'City Break'.

Por primeira vez A Coruña logrou situarse na lista das 10 cidades preferidas para facer o que se coñece como turismo de escapada, o que é o mesmo unha visita de dous ou tres días. Segundo un informe sobre os Hábitos do Turismo español, A coruña tamén marca tendencia para este ano 2018 no que se refire a este tipo de turismo. O seu tamaño, a gastronomía e os prezos fan da Coruña un lugar ideal para o que o sector turístico coñece como 'City Break'.

"Eu creo que para todos os coruñeses é un pracer que a cidade da Coruña sexa elixida pois un dos puntos do 'City Break'. É unha cidade moi accesible que se pode visitar en dous ou tres días comadamente. A oferta museística é moi ampla. A gastronomía e de calidade, non só na cidade senon nas pequenas vilas de ao redor", di Carolina Basterrechea.

De feito, os hoteis están xa a notar nas súas reservas este tipo de viaxes nas escapadas de inverno, sobre todo no turismo do resto de España.

"Somos unha cidade accesible, somos unha cidade ecocómica e dentro das cidades relativamente grandes, somos un hotel accesible, aínda que somos un cinco estrelas", sinala Carolina Basterrechea.

O informe destaca, entre os principais atractivos da Coruña, a Torre de Hércules e a súa contorna, o longo paseo marítimo e o Monte de San Pedro, desde onde se contemplan unha das mellores vistas da cidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018