CRTVG

Buscar

A Coruña e Lugo estarán mañá en alerta laranxa por temporal costeiro

Publicado o 09/11/2019 20:31

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro para este domingo nas provincias da Coruña e Lugo. No litoral norte espérase mar combinado con ondas de cinco a seis metros e no noroeste da Coruña, ventos de forza sete. O resto da costa galega estará en nivel amarelo con ondas de catro a cinco metros. Recomendan non achegarse á costa para previr un golpe de mar e precaución ante a posible caída de obxectos desde balcóns e ventás.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019