CRTVG

Buscar

A Coruña é a única das sete grandes cidades galegas que non está en nivel vermello

Publicado o 24/10/2020 14:51

Diciamos que a da Coruña é a única das sete grandes cidades galegas que non está hoxe en nivel vermello, e isto a pesar dos datos das últimas 24 horas tanto da cidade coma de toda a área sanitaria. María Calvo.

A Coruña cidade mantense este sábado en nivel de alerta laranxa, cuns casos confirmados nos últimos sete días que van dos 138 aos 276, segundo as cifras facilitadas hoxe desde o Sergas. Con todo, varios dos municipios da súa área metropolitana seguen unha xornada máis en alerta vermella. É o caso de Oleiros, Arteixo e A Laracha.

As cifras deste sábado son especialmente malas se falamos do conxunto da área sanitaria coruñesa. É a que máis sobe tanto en número de casos coma de positivos de toda Galicia. 135 novos contaxios en 24 horas, o que fai que os casos activos volvan estar por riba dos mil. É o maior número de contaxios nun só día nesta segunda vaga da pandemia na área. Falamos de preto de 500 novos casos rexistrados ao longo desta semana. Sobe tamén o número de hospitalizados.

 

Noticias web

24/10/2020