CRTVG

Buscar

A Coruña é a área con máis casos activos

Publicado o 11/01/2021 14:59

Outras das áreas que máis preocupa é a da Coruña. Alí tamén hai unha forte repunta dos casos activos, son 151 novos nas últimas 24 horas, que sitúan os casos activos en 1.944, a cifra máis alta rexistrada ata o momento.

Aumenta tamén a presión hospitalaria e o número de pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos. Estas cifras esténdense tamén ao resto da área metropolitana.

Preocupan especialmente os concellos de Arteixo, Culleredo e Cambre que se sitúan coa Coruña en nivel de risco extremo.

Con toda esta situación, A Coruña prepárase para as novas restricións que se poderían adoptar a partir de mañá.  

Noticias web

11/01/2021