CRTVG

Buscar

A Coruña busca o amante frustrado do autobús da liña 1A

Publicado o 29/08/2019 20:01
A Coruña busca o amante frustrado do autobús da liña 1A

Pediulle o número de teléfono a unha moza e ela non llo deu. Pero a rapaza arrepentiuse e puxo un cartel na parada do autobús para atopar o seu pretendente frustrado.

Ocorreu na Coruña, na liña de bus 1A. E agora ata a propia compañía de transporte difundiu o cartel para que os mozos poidan volver atoparse. A nova cita, na parada 371, en Santa Gema. Agardamos que a historia teña final feliz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019