CRTVG

Buscar

A Coruña acumula máis do 30% dos casos de Galicia e Vigo está en cifras anteriores ao Nadal

Publicado o 21/02/2021 21:20

A área A Coruña-Cee acumula máis do 30 % dos casos activos de covid-19 en Galicia. Ten 2.869 pacientes con infección activa; aínda que a cifra é moi alta, son 163 menos ca o sábado. As hospitalizacións redúcense en 12 persoas. Continúan en planta 168 e 53 nas Unidades de Coidados Intensivos. Os únicos tres concellos que manteñen a incidencia por riba dos seiscentos casos por cen mil habitantes son Malpica Carballo e Ponteceso.

Para chegar á cifra deste domingo da área sanitaria de Vigo, a de 1316 casos activos, 58 menos ca onte, hai que ter en conta os números de moitos concellos que a conforman. Agás Cangas, o resto dos municipios do Morrazo seguen en cifras de incidencia que supera os 250 casos por cen mil habitantes. Son outros concellos como os do Valmiñor os que comezaron o descenso da incidencia hai xa doce días. As súas cifras melloraron as da totalidade da área de Vigo. Gondomar e Baiona teñen 17 casos e Nigrán 20.

A área sanitaria de Pontevedra-Salnés saíu hoxe de risco extremo pero ten o peor dato de toda Galicia no tocante á taxa de positividade, na porcentaxe de positivos entre todos os que fixeron unha PCR. A media galega é do 4,4 %, e Pontevedra ten 11,3 %. A OMS recomenda estar por baixo do 5 %.

Noticias web

21/02/2021