CRTVG

Buscar

A Coruña acolleu a gala dos Premios Excellence de Cruceiros, que por primeira vez se entregan nunha cidade galega

Publicado o 13/02/2020 21:20


Os premios Excellence do sector dos cruceiros recoñecen, entre outras categorías, o mellor porto español, a mellor tripulación, a navieira, o barco, o itinerario e a gastronomia. As avaliacións realízanas os propios cruceiristas e as axencias de viaxes. Esta gala na Coruña xustifícase na función que está a cumprir a cidade no sector dos cruceiros nos últimos anos. Así o confirmou o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

"Nos últimos dez anos logramos crecer máis do 200 por cento; pasamos dos 54.000 pasaxeiros a case 200.000. Situar A Coruña no mapa dos destinos máis atractivos do Atlántico e con eles ser o altofalante que difunde internacionalmente a imaxe da nosa cidade é un dos obxectivos cumpridos", afirma Enrique Losada, Presidente da Autoridade Portuaria de Galicia.

A Autoridade Portuaria coruñesa prevé que esta cifra chegue aos 180.000 viaxeiros e superar as 120 escalas a finais deste ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020