CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Coruña acolle o IV Encontro sobre Adiccións organizado polo Instituto Terapéutico Galego

Publicado o 29/09/2018 21:23

Na Coruña celebrouse hoxe o IV Encontro sobre Adiccións, organizado polo Instituto Terapéutico Galego.
Un envento no que profesionais do campo das adiccións comparten co público os últimos avances neste eido.
Ludopatía, novas drogas ou adicción ás redes sociais son algúns dos aspectos que se trataron.

Prevención, tratamentos, rehabilitación e reinsercións, o encontro sobre adiccións tenta orientar e poñer ao alcance de todos as liñas de actuación principais á hora de afrontar estas enfermidades.
E tamén dar as pistas que indican que pode haber unha adicción.

Os relatorios pasan revista a terapias asistidas con cans, e tamén ás drogas novas, consumo de alcohol, agravado nos últimos anos polo adianto da idade de inicio nos máis novos ou a explosión de condutas adictivas ou adiccións sen substancias.
Como a desenvolvida esta maña sobre a adicción ás redes sociais e as súas consecuencias.

A adicción está detrás dunha de cada catro baixas laborais, dun importante número de accidentes laborais e da deterioración do ambiente no lugar de traballo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí