CRTVG

Buscar

A Coruña acolle a XIII Feira Matemática

Publicado o 30/03/2019 21:05

Os profesores e os alumnos do instituto Urbano Lugrís, de Malpica, idearon un aparello para aprender as formas de relevo dunha forma interactiva.
Os educadores comentan: "Temos un areeiro e cando os nenos manipulan a area debúxanse sobre ela as curvas de nivel. Así poden aprender a xeomorfoloxía e a paisaxe dunha forma moi dinámica." "Desde moi pequenos os nenos poden eleaborar o seu propio relevo en 3D e automaticamemte ven o seu mapa na pantalla do ordenador."

Foi unha das propostas máis creativas desta feira matemática, un encontro aberto a rapaces de todas as etapas escolares cun interese compartido polos números e a ciencia. No Palexco, xuntáronse centos de pequenos divulgadores que nos animaron a aprender e a experimentar a través do xogo.
"Están facendo uns tangrams. Nós podemos darlles pistas." "Trouxemos unha oca matemática, unha oca tridimensional e un trivial matemático", explican dúas nenas participantes.

Houbo xogos clásicos coma o tangram, os sudokus ou o cubo de Rubik e outros que introduciron a tecnoloxía para tratar de facilitar a aprendizaxe. Xa van trece edicións da feira, que cada ano organiza a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019