CRTVG

Buscar

Información Local A Coruña

A Coruña acolle a fase final do Rebumbio Matemático

Publicado o 23/05/2014 20:34
Prós que aínda vexan as matemáticas coma un auténtico pesadelo, tomen boa nota...

insertos "as matemáticas é a práctica, é divertido, non tes que estudiar... hai que practicar"
"son divertidas, diferentes doutras asignaturas"

Estes rapaces de sexto de primeira xa poden presumir, porque se chegaron ata aquí é porque están entre os mellores resolvendo problemas de toda Galicia.

"síntome orgulloso de chegar ata aquí e demostrar que se me dan ben as matemáticas"
"é mérito dos tres, e unha forma de representar ben o colexio"
"o que hai que facer é darlle voltas na cabeza e atopas a solución"
"é como unha competición sólo que hai que facelo en equipo e axudarse mutuamente"
"non é tanto dun experto en matemáticas, senón pensar como hai que responder, porque son problemas da vida cotiá"

Son en total 45 os que conseguiron meterse nesta fase final do Rebumbio Matemático, un certame onde tamén se valora, e moito o traballo en equipo.


"parécenos que son pequenos, pero sempre buscan unha solución diferente, ao mellor nos a facemos con fórmulas, pero eles buscan outro xeito", di un profesor


Á marxe do premio tamén hoxe levarán de aquí aprendida outra lección, que é que as matemáticas tamén forman parte da nosa vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí