CRTVG

Buscar

A Coruña acolle a exposición '49 razóns: arte, moda futuro sostible'

Publicado o 22/12/2020 20:49

A exposición suma arte, moda e conciencia cun triplo obxectivo: artístico, ecolóxico e educativo.

"Case o máis importante a concienciación ecolóxica. Isto facémolo porque todas estas pezas están pintadas, son intervencións artísticas con pezas recicladas. Son pezas que irían descartadas a iniciarse ou amorearse en vertedoiros, a engadirse a tanto lixo que xeramos. E a industria da moda é a segunda máis contaminante do mundo", afirma a promotora da exposición.

A mostra pretende tamén levar a arte á rúa de xeito diferente e potenciar os artistas locais. Así hai un total de 49 camisas recicladas e outras tantas fotografías. Cada unha destas creacións vai acompañada dunha etiqueta cun código QR coa información do seu autor, ademais dunha reflexión do artista sobre a súa obra.

"Todo está relacionado coa mancha, ben pode ser a ferida da terra, como pode ser a ferida emocional, a negra sombra emocional de como está contribuíndo ao noso propio escurecemento. Que algo estamos facendo mal que ten que cambiar", explica unha das artistas da exposición.

A exposición permanecerá aberta, con restricións de capacidade, na casa museo Casares Quiroga da Coruña ata o próximo 24 de xaneiro.

Noticias web

22/12/2020