CRTVG

Buscar

A Coruña acolle a Copa de España de Marcha Nórdica, un deporte en auxe

Publicado o 24/03/2019 20:21

A marcha nórdica mellora a resistencia, a forza, a flexibilidade e a coordinación. Os bastóns amplifican o movemento natural da camiñada e optimizan o esforzo físico. É un deporte esixente, pero adaptable ás capacidades de cada marchador.

Algúns participantes explican que: "É un deporte moi completo. Intervén practicamente o 90% dos músculos e é bastante asequible. Podes practicalo case en calquera sitio e logo xa a intensidade depende de cada un". "É esixente, moita técnica, pero é accesible para todo o mundo e pode practicarse a calquera idade. Moi completiño".

A marcha nórdica está en auxe en España, sobre todo entre os que a practican por saúde ou dunha maneira lúdica. En Galicia, máis do oitenta por cento das licenzas son de mulleres e de persoas cunha idade media de 57 anos. Na primeira proba da Copa de España participaron douscentos deportistas.

Jordi Marimon, responsable de marcha nórdica da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada: "Están entrando neste mundo das competicións moitos marchadores que primeiro o facían como algo lúdico e agora se pasan á competición e tamén moitos corredores de running que viron nesta disciplina algo divertido".

Completaron un circuíto de dez quilómetros. O día e o escenario difilcimente poderían ser mellores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019