A Coruña anuncia un concurso público para abrir en Alvedro novas rutas nacionais e internacionais
Publicado o 14/10/2021 17:47

O Concello da Coruña anuncia un concurso público para atraer liñas aéreas ao aeroporto de Alvedro. Ofertará oito lotes con destinos nacionais e internacionais, e estará dotado con case dez millóns de euros.
No ámbito internacional, os destinos que a Coruña considera mais interesantes son Londres, Ámsterdan, Frankfurt, París e Múnic, mentres que en España busca rutas con Málaga, Valencia e Gran Canaria.
Unha iniciativa municipal nun momento en que os aeroportos galegos comezan a recuperar pasaxeiros, como reflicten os datos de setembro.