CRTVG

Buscar

A Coruña, a oitava cidade española con máis tráfico en 2020

Publicado o 13/01/2021 20:16

Os coruñeses perderon de media máis de 48 horas en atascos no 2020. O nivel de atascos na cidade galega é similar ao rexistrado nas Palmas ou Madrid, segundo un estudo elaborado en 400 cidades do mundo pola compañía TomTom, especialista en tecnoloxías de localización.

Nas estradas da Coruña o nivel medio de conxestión do tráfico en 2020 foi do 15 %, un índice igual ao rexistrado en cidades como As Palmas ou Madrid.

De media os condutores coruñeses perderon o ano pasado máis de 48 horas en atascos. O tempo adicional por cada traxecto de 30 minutos en hora punta foi de 8 minutos.

O día con máis tráfico foi o martes 16 de xaneiro de 2020, coincidindo co temporal da borrasca Gloria.

Os datos do informe que elabora en máis de 400 cidades do mundo a compañía TomTom, especialista en tecnoloxías de localización, tamén indica que A Coruña mellora a súa tendencia reducindo nun 20% o tráfico nos últimos 12 meses.

Noticias web

13/01/2021