CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A corrupción, a orde do día en Latino América

Publicado o 01/11/2017 15:02


Un de cada tres latinoamericanos pagou algún suborno nos últimos 12 meses para acceder a servizos públicos básicos. Pagar por axilizar un trámite ou evitar unha multa está á orde do día. A Arxentina está nos últimos postos deste estudo e, aínda así, ten unha taxa de suborno do 16%.



ENTRADIÑA
América Latina reúne algúns dos casos máis soados de corrupción política e empresarial dos últimos meses, pero agora, un informe vai máis aló e revela un crecente cadro de corrupción na rexión onde 1 de cada 3 latinoamericanos pagou algún soborno no último ano para acceder a servizos básicos como a saúde ou a xustiza. Un dato que deixa claro o avance das corruptelas en tódolos estamentos da rexión e delata, incluso aquí na Arxentina que ocupa un dos últimos postos da listaxe, unha problemática que para moitos é cultural.

Pagar por axilizar un trámite ou evitar unha multa de tráfico son prácticas máis habituais do que deberían na Arxentina, onde un 16 % da cidadanía confesa ter pagado algún soborno no último ano.

CORTE 1: Maximiliano Caballero - Arxentino
"Estamos vivindo nun momento no que hai moita corrupción".

CORTE 2: Analía Huircan - Arxentina
"Sí, creo que na sociedade está como moi arraigado isto de que hai como cousas que se poden facilitar por outro lado".

CORTE 3: Adrián Galavez - Venezolano residente na Arxentina
"Para todo tes que ter unha palanca"

Para os expertos o problema radica na feble fortaleza das institucións e nunha escasa ética pública.

CORTE 4: Pablo Secchi - Director Ejecutivo de Poder Ciudadano - Transparencia Internacional Argentina
"Para rematar con este gran flaxelo, que non é a corrupción na Arxentina senon a impunidade, precisamos xuices independentes e unha Xustiza que acompañe ós cidadáns".

Son poucos os que se animan a denunciar e as consecuencias padécenas especialmente os cidadáns con menos recursos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí