CRTVG

Buscar

A coroación do rei tailandés que sorprende en Occidente

Publicado o 05/05/2019 13:01

O novo monarca de Tailandia segue protagonizando este domingo a ostentosa cerimonia de coroación, iniciada onte, coa entrega de diversos títulos á familia real.

Un aspecto que chama a atención é a actitude de submisión dos que reciben honras ou parabéns reais, que resulta singular para os paradigmas occidentais. Pero o propia monarca sorprendeu axeonllándose tamén ante a imaxe dos seus pais en sinal de tributo.

Pola tarde, o rei Rama X presidirá unha procesión que ha partir do palacio real e vai percorrer case oito quilómetros con paradas en varios templos budistas.

Noticias web

05/05/2019