CRTVG

Buscar

A federación asturiana da formación resolverá o expediente que IU decidiu abrirlle a Gaspar Llamazares

Publicado o 13/01/2019 20:28
A federación asturiana da formación resolverá o expediente que IU decidiu abrirlle a Gaspar Llamazares

O futuro político de Gaspar Llamazares dentro de Izquierda Unida está en xogo. Izquierda Unida decidiu hoxe abrirlle expediente a Gaspar Llamazares por impulsar unha opción electoral allea a esta formación. Distintas fontes apuntaban cara a unha sanción máis severa, como a suspensión de militancia ou a súa expulsión.

Finalmente, a Coordinadora Federal de Izquierda Unida decidía esta tarde cun 96 % de votos a favor deixalo polo de agora nun expediente e instar a federación asturiana a resolver a situación. Llamazares estaba cuestionado por promover a plataforma Actúa xunto a Baltasar Garzón sen abandonar Izquierda Unida.



 

Noticias web

13/01/2019