CRTVG

Buscar

A cooperativa mullereis colleiteiras recolleu case cen mil quilos de aceite

Publicado o 22/01/2019 21:29

Case cen mil quilos de aceite recolleu neste pasado ano a cooperativa Mulleres colleiteiras para a súa reciclaxe en combustible nos concellos da Coruña, Arteixo e varios puntos de Ferrol, Cambre e Oleiros. Foron corenta mil máis ca no 2017. A conciencia medioambiental medra entre a cidadanía e os distintos colectivos e entidades.

A reciclaxe do aceite usado vai a máis. No 2018, Mulleres colleiteiras recolleu un 65% máis có ano anterior. Lembran que o aceite que se bota polo sumidoiro moi contaminante. Para este ano, Mulleres Colleiteiras quere dar un paso máis: facer o proceso de reciclaxe completo. Paralelamente, a cooperativa atende unha función social. De momento son catro as que atenden un traballo cada vez maior.




 

Noticias web

22/01/2019