A cooperante galega falecida en Etiopía será soterrada esta tarde en Cangas
Publicado o 09/11/2019 09:39
Cangas despide hoxe a súa veciña falecida en Etiopía hai sete meses.
Os restos mortais da coopeante Pilar Martínez serán soterrados esta tarde no cemiterio de Darbo logo dunha cerimonia relixosa. A familia agardaba pola repatriación do corpo da moza, dende o dez de marzo, data do accidente do Boing 737, no que faleceron 157 persoas.
Pilar tiña 32 anos e era a primeira vez que viaxaba a África como cooperante.