CRTVG

Buscar

A continuidade de José Luis Martí no Deportivo, no aire

Publicado o 25/06/2019 16:52
A continuidade de José Luis Martí no Deportivo, no aire

O técnico mallorquino tiña garantida a continuidade no caso de ascenso. Pero o seu contrato expira o trinta de xuño. Con Martí, o Deportivo alcanzou o play off despois dun último mes pletórico. Porén, o soño de subir esvaeceuse en Son Moix este domingo. Nas próximas horas deberiamos coñecer a decisión de Carmelo Del Pozo. Quen será o adestrador do Deportivo a próxima temporada.

O Valladolid quere a Quique González

O máximo anotador do Deportivo esta temporada, dezasete goles, está no punto de mira do equipo da súa terra. Quique González gusta en Zorrilla. O Deportivo pagara a cláusula ao Osasuna por un millón setecentos mil euros e asinou o ano pasado por catro temporadas. Militou nas categorías inferiores do Valladolid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019